Saltar ao contido

Rebeca Lane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRebeca Lane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Cidade de Guatemala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, poetisa Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRap Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Sitio webrebecalane.com Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCdG7zFIa1LdzUdYO6LT4BHg Bandcamp: rebecalane Musicbrainz: 71f6c5c2-ba58-4e8c-b3fb-cbfb8aa65865 Discogs: 4534456 Editar o valor en Wikidata

Rebeca Eunice Vargas Tamayac coñecida como Rebeca Lane ou Miss Penny Lane, nada en Cidade de Guatemala o 6 de decembro de 1984, é unha socióloga, poeta e cantante de rap feminista e anarquista guatemalteca.[1] Pertence ao colectivo Última Dosis e é fundadora de Somos Guerreras, unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres de Centroamérica no hip hop xerando espazos de formación, convivencia e produción de eventos. Publicou a súa poesía en revistas literarias de Guatemala, Porto Rico e México. Como socióloga realizou diversas investigacións sobre culturas xuvenís e tribos urbanas en Guatemala (2012).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rebeca Lane creceu nunha familia relacionada coa música e a poesía como medio de expresión.[2] A súa tía foi a guerrilleira e poeta Rebeca Eunice Vargas Braghiroli, detida e desaparecida polo exército guatemalteco a finais da guerra civil en Guatemala en 1981.[3] A súa desaparición, explicou a artista en diversas entrevistas, deixou unha profunda ferida na cantante quen busca rescatar a memoria histórica do seu país a través do rap: “non como vítima -di- senón como portavoz da marxinalidade e da loita de clases”.

O seu nome artístico como rapeira ten conexión con esa desaparición: “O meu nome é a miña identidade, arraigada a unha identidade ancestral e dolorosa pola súa ausencia. O Lane sae dun sobrenome que me puxeron os meus amigos (Miss Penny Lane)" Miss Penny Lane é o nome que utilizou para asinar o seu blog, Mujeres de bolsa grande y zapatos bajos, que recolle a súa produción poética. Como poeta publicou na Revista da USAC, Revista Literaria Voces Convergentes, Revista Imagina, El Vestíbulo (Porto Rico), a revista electrónica Te prometo Anarquía, e Analistas Independientes de Guatemala[4] , así como en poemarios colectivos de Cascada de Palabras, Cartonera (México).[5]

Rebeca Lane participou tamén como actriz de teatro en Histéricas y no tanto (2013), Danzas saicas alucinantes (2012), El juego (2009), e Las profanas (2009).

O rap como espazo de denuncia

[editar | editar a fonte]

Estudou socioloxía na Escola de Ciencia Política da Universidade de San Carlos de Guatemala. En 2012 realizou diversas investigacións e relatorios sobre culturas urbanas e identidades xuvenís, particularmente a cultura hip hop[6].

A súa inquietude polo rap xorde por mor da súa militancia nunha organización civil na que, familiares de asasinados, desaparecidos e presos políticos da última ditadura militar en Guatemala, loitan contra a represión e a impunidade en favor dos dereitos humanos. Empezou escoitando o grupo arxentino Actitud María Marta. Na poesía que escribe desde pequena atopa os elementos primordiais do rap: palabra, rima e música. Como locutora do programa “Politicamente incorrecta” en Da-radio.com en cidade de Guatemala onde conversaba sobre temas considerados socialmente tabú[7] tivo a posibilidade de coñecer grupos de rap e gravar.

Na súa obra poética e as súas cancións de rap destaca a denuncia da situación das mulleres e a reivindicación de autonomía e liberdade rompendo coa tradición. Neste marco forma Somos Guerreras con Nakury e Nativa unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres no hip hop de Centroamérica.[8]

En 2012 no colectivo Última Dosis gravou Rap(H)² - 502 mg e participou no Festival Internacional Revolución Hip Hop 2012 de Guatemala.[9]

En outubro de 2013 lanzou un EP con oito temas, e participou en diversos festivais internacionais en México.

En 2015 presentou o seu segundo traballo en solitario, o álbum Poesía venenosa.[10]

Rebeca Lane na Galiza

[editar | editar a fonte]

En 2018 participa no festival Elas Son Artistas na Coruña[11] e actúa tamén en Vigo.[12]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Rap(H)² - 502 mg (2012) con Última Dosis
  • Canto (2013)
  • Poesía venenosa (2015)
  • Dulce muerte (2015) con Kontra
  • Alma mestiza (2016)

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Reflexiones sobre la cultura y subtexto de mi conciencia sociológica (2012)[13]
  • Culturas juveniles y tribus urbanas (2012)[14]
  • La ciencia como arte, el caos como avance: Paul Feyerabend y el anarquismo epistemológico (2012)[15]
  • Identificación nacional en el rap guatemalteco (2012)[16]
  • Filosofía social y ensayo crítico (2012)[17]
  • El proceso judicial a Efraín Ríos Montt por genocidio[18]
  1. "Ritmo y Poesía políticamente incorrecta: Rebeca Lane". www.radioprogresohn.net. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016. 
  2. "Rebeca Lane lleva el arte en sus venas". 
  3. "Rebeca Lane: “el rap es poesía” | Ellas en México". Revista Escenarios. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016. 
  4. "Mujeres de bolsa grande y zapatos bajos". 
  5. "Rebeca Lane". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2017. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  6. "Rebeca Eunice Vargas | Universidad de San Carlos de Guatemala - Academia.edu". 
  7. "Rebeca Lane | Hip Hop from Guatemala, GT". 
  8. "Somos Guerreras Tour: Esfuerzo colectivo para romper esquemas". 
  9. "Última Dosis". 
  10. "Poesía Venenosa, by Rebeca Lane". 
  11. "O festival Elas son Artistas achegará 15 espectáculos feitos por mulleres". Cultura Galega. 11 de abril de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  12. "Concierto de Rebeca Lane en La Fábrica de Chocolate". Ocio en Vigo. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  13. "Reflexiones sobre la cultura y subtexto de mi conciencia sociológica". 
  14. Rebeca Eunice Vargas. "Culturas juveniles y tribus urbanas". 
  15. Rebeca Eunice Vargas. "La ciencia como arte, el caos como avance: Paul Feyerabend y el anarquismo epistemológico.". 
  16. "Identificación nacional en el rap guatemalteco". 
  17. "Filosofía social y sociología. Ensayo Crítico.". 
  18. Rebeca Eunice Vargas. "El proceso judicial a Efraín Ríos Montt por Genocidio.". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]